
Pequeno diccionario coeducativo para nenos e nenas
Esta guía proponche conceptos e palabras crave para educar en igualdade. Seranche de especial axuda en primaria. Tes tamén propostas de actividades tras a definición de cada concepto. Esperamos que che sexa útil!!

Guía para educación infantil
Nesta guía atoparás propostas para actividades para as e os máis pequenos. Os estereotipos, as familias... todo un mundo por descubrir... en igualdade.
Currículo oculto
A maneira de presentar os contidos escolares, a elección dos mesmos en detrimento de outros, o tipo de organización escolar, etc., realízanse en función dunha serie de valores e normas inconscientes que se transmiten para reproducir e perpetuar ditas normas e valores da sociedade na que está inmersa a escola.














