Currículo oculto



Español    



           
729
       Guardar como PDF

A maneira de presentar os contidos escolares, a elección dos mesmos en detrimento de outros, o tipo de organización escolar, etc., realízanse en función dunha serie de valores e normas inconscientes que se transmiten para reproducir e perpetuar ditas normas e valores da sociedade na que está inmersa a escola.

Ao ser inconscientes, o profesorado, o alumnado e a familia non adoitan apreciar os seus efectos polo que se necesitan estratexias diversas para facer visible o que esta oculto. Tal é o caso do *sexismo que pervive nos programas e textos escolares, na linguaxe, na ocupación dos espazos, etc.